“ESCENARIOS DA PREHISTORIA”
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE FEDERICO DE LA PEÑA
CASTELO DE DONA URRACA, SALVATERRA DE MIÑO

Esta exposición xorde coa idea de percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña.
‘Escenarios da Prehistoria’, nome co que así se coñece esta colección de 45 fotografías, pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevantes da nosa provincia, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia.
ExposicionPrehistoricaA exposición divídese en catro grandes bloques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros. Componse de 45 fotografías enmarcadas e paneis explicativos dos diferentes períodos.

Federico de la Peña é o comisario e autor das fotografías da exposición, naturalista, produtor e realizador audiovisual de documentais de natureza e etnográfico, entre outras facetas profesionais.
O Castelo de Dona Urraca, albergará, unha vez máis, unha exposición que estará aberta ó público tódolos sábados, domingos e festivos dende o venres 8 de setembro ata o domingo 8 de outubro. O horario de apertura da exposición é de 11:00h a 14:00h e de 16:000h a 20:00h.
O vindeiro día 8 de setembro ás 20:00h celebrarase a inauguración da mesma.
Ademais, cabe lembrar que o Punto de Información Turística de Salvaterra de Miño traballará, paralelamente, neste mesmo horario nas dependencias do Castelo de Dona Urraca.

iconoPDFInformación da exposición.