O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar a súa programación e abrir o prazo de inscrición para poder participar do ROTEIRO DE SAMAÍN.

Esta programación vai dirixida, por un lado, ao público infantil, que poderá desgrutar o venres 27 de talleres de maquillaxe ao aire libre, na Praza do concello, a partir das 16.30h.

Por outro lado, e xa para os máis maiores, o martes 31 a partir das 20.00h dará comezo a cuarta edición do Roteiro Nocturno de Samain. A saída darase na Praza do concello e rematará no recinto Amurallado, cunha ruta de aproximada de 5km, pensada para os mais valentes. Todas as persoas que estén interesadas en participar deben inscribirse no Concello no teléfono 986 658 082. Máis información e inscricións en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. 

Para poder participar no ROTEIRO NOCTURNO, débese ter en conta as seguintes recomendacións:

.Dado que a inscrición é gratuita, cada membro do grupo doará un producto de hixiene ao Banco de Alimentos Municipal.

.Os grupos estarán formados por un mínimo de 15 persoas e un máximo de 20, en caso de non ter o mínimo a organización poderá integrar nese grupo a  outros participantes.

            .Data máxima para inscribirse ata o 27 de outubro, sempre que non    se cubran as prazas antes.

            .Idade mínima recomendada: 7 anos

            .Menores de idade teñen que presentar autorización

            .Grupos con menores de 16 anos teñen que levar un adulto a cargo    no grupo.

            .Cada grupo ten que facilitar dous números de teléfono como responsables de grupo.

          .Saída a partir das 20.00h, prioridade na saída grupos con menores. Os grupos sairán cada 10min. Darase unha hora aproximada, que se confirmará uns días antes a través da páxina web. Débese estar no recinto de saída 30min antes da hora establecida para cada grupo.

            .Recoméndase vir disfrazados.

            .Cada grupo pode levar como máximo dúas lanternas e dous chalecos reflectantes(que levará a persoa que abre e a pecha o grupo) e recomendade levar calzado adecuado.

Roteiro2017

iconoPDF

Autorización Roteiro.

  

iconoPDFInscripción Roteiro.

 

MartaSamain2017