PRESENTACIÓN NOVOS CURSOS 2017/18

Marta Valcárcel, 1ª Tte Alcalde de Salvaterra  de Miño ven de presentar os novos cursos e actividades para o 2017/18, gratuítas e para empadroados,  que veñen cargadas de variedade e  numerosas  novidades e que abren a súa inscrición a partir do 16 de outubro.

Dentro de todo o abanico, tense un  espacio moi especial para os maiores, con algunhas actividades que xa son un referente no concello e con algunha nova. Así  a partir do 25 de outubro empezará o OBRADOIRO DE MEMORIA E LECTURA       e o CURSO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA.  Este ano  tamén se aposta pola ESCOLA DE MAIORES. Actividades didácticas, enfocadas ao aprendizaxe, pero sen deixar de lado a parte de socialización, que moitas veces para eles é o mais importante.

Se tes máis de 18 anos podes participar no curso de RECICLA E NON TIRES, no OBRADOIRO FLORAL, no MUNDO DA GOMA EVA en  DALLE UN XIRO AO TEU C.V., ou participar nas xornadas de ENGLISH SPEAKING.

Se o que te interesa é a natureza, podes facer actividades en familia a través do obradoiro MÁIS QUE PLANTAS, onde se farán e estudiaran os xardíns verticais, os xardíns aromáticos, o esquexado de plantas, o mundo das plantas para a beleza e a creación de minixardíns.

Pero se o que queres é facer exercicio e practicar algún deporte tes a oportunidade de facelo con SALVATERRA FAI DEPORTE, xornadas onde podes desfrutar de diversas actividades, dende o 1 de novembro ao 31 de maio, como aerobic e zumba, pilates, adestramentos persoais e sendeirismo.

E para os máis cativos a biblioteca municipal oferta dende o 24 de outubro ao 29 de maio, como todos os anos,  os obradoiros de LECTURA INFANTIL.

Se estás interesado en participar ou simplemente pedir información  diríxete ao Concello ou chama ao 986 658 082.

Cursos2017Marta