Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño da a benvida ao Nadal co encendido da iluminación, unhas datas familiares, onde os máis pequenos son os auténticos protagonistas.

Datas tamén, onde o comercio local adquire gran relevancia pola importancia do volume de vendas  desta época do ano. E nesa liña vai encamiñado o traballo do Equipo de Goberno, por un lado intentando que os nenos e nenas sigan crendo nesa maxia do Nadal, ofrecendo unha programación ampla e variada, e por outro lado incentivando e buscando que os seus veciños e veciñas consuman no comercio local, xa que é un dos eixos centrais do propio municipio e sen eles nada sería igual, sen o seu traballo, sen a súa cercanía e sobre todo sen a súa presencia nas rúas.

Máis de 90 arcos e motivos luminarios, luces de led e un espectacular Belen na praza do Concello engalanan este Nadal  Salvaterra, buscando que tanto veciños, como xente doutros Concellos, se deixen contaxiar e se acheguen a desfrutar da maxia destes días, ademais de contar un ano máis coa Árbore de Nadal dos Viños da Comarca do Condado do Tea e Espumosos da DO Rías Baixas, na rotonda central do Concello, que anima a todos e a todas a consumir produtos autóctonos e é a encargada de dar a benvida as festas.

O Concello de Salvaterra de Miño deséxalle unhas felices festas a todos os seus veciños e veciñas!!!

O alumbrado estará encendido ata o final do Nadal.

 

01020304

05071105

080910

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia