GDRTurismo

O mércore, 13 de Decembro, presentouse en Mondariz Balneario, o Xeodestino Turístico Terras do Condado - A Paradanta. Ao acto asistiu, ademais dos Alcaldes e representantes dos dez Concellos que constituen este territorio, a Directora Xeral da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, que é quen asinou un convenio para a sua financiacion xunto cos de Concellos.
Os técnicos das empresas Avivae Spain e de Iniciactiva Ideas en Acción explicaron a posta en marcha da página web, vídeos para a promoción do territorio, guía e mapas da Comarca e paquete turístico.
Asistiron, tamen , adegueiros, casas rurais e outras empresas do sector.
O GDR Condado Paradanta coordina a posta en funcionamiento do Xeodestino.

 

 

 O vídeo promocional pódese ver no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=BZPrDF9ZJmQ ou ven no canal de youtube do Concello de Salvaterra de Miño.