OS BOLECHAS VISITARON SALVATERRA DE MIÑO PARA PRESENTAR O SEU NOVO LIBRO “SALVATERRA VILA MILENARIA”
O pasado sábado 23 de decembro os Bolechas, Carlos, Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa, achegáronse a Salvaterra de Miño, e xunto o seu creador Pepe Carreiro fixeron a ledicia de tod@s @s presentes, sobre todo d@s mais cativ@s, no acto organizado polo Concello co fin de presentar un dos seus últimos libros “Salvaterra Vila Milenaria, libro editado polo Concello e que contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan de Promoción Lingüística provincial.
Os Bolechas contan con máis de 550 títulos e mais dun millón e medio de exemplares distribuídos,.... Foi no 2012 cando deron un gran salto, traspasando as fronteiras literarias para chegar a todos os ámbitos culturais e de ocio, relacionados coa infancia e co noso idioma, o galego, coa súa serie de televisión e diversos espectáculos.
Foron moitas as familias que se desprazaron ata a Praza do Concello para sacarse unha foto cos Bolechas e levarse un exemplar deste libro asinado polo seu autor, Pepe Carreiro... un home do que din que é moi difícil encasillar, xa que tanto o podemos encontrar na disciplina de ilustración, de publicidade, deseño gráfico ou debuxo, a súa gran paixón, e que gracias o cal fixo que moitos nenos e nenas, pais e nais leran en galego.
Con este novo libro dos Bolechas, que o sábado veu a luz, “Salvaterra Vila Milenaria” queremos que @s máis pequerrech@s da casa coñezan a súa historia, a historia da súa Vila, que conta con máis de mil anos, e que mellor forma que facelo que a través deles.... e ao mesmo fomentar a lectura, a lectura en galego de toda a familia. Nos próximos días o libro será distribuído entre todos os Centros de Infantil do Municipio, polo cal TODOS E TODAS A LER!!!!