SALVATERRA DE MIÑO CONMEMORA OS DÍAS INTERNACIONAIS CONTRA O CANCRO, O DÍA DA MULLER TRABALLADORA E O DÍA DE ROSALÍA
O Concello de Salvaterra de Miño informa das diferentes actividades conmemorativas.
5 DE FEBREIRO: Día Mundial Contra o Cancro. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL, onde se construirá un lazo xigante no chan da praza do Concello e a continuación farase unha solta de globos en apoio a tod@s @s que sofren esta enfermidade.
24 DE FEBREIRO: Día de Rosalía. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL. Entre todos os asistentes realizarase unas chapas de Rosalía, e ao remate da actividade recitaranse varios poemas da autora galega.
8 DE MARZO: Día da Muller Traballadora. Ás 17.00h ACTIVIDADE INFANTIL, o Labirinto da Igualdade.
Todas estas actividades realizaranse na Praza do Concello e en caso de choiva as actividades suspenderanse.