Paramos tod@s!!!, 8 de Marzo día Internacional da Muller.
O Concello de Salvaterra de Miño apoiou a convocatoria da folga de mulleres prevista para o 8 de marzo de 2018 no marco dunha xornada internacional de paros e mobilizacións para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e no dereito a vivir sen violencias CON UNHA CONCENTRACIÓN QUE TIVO LUGAR O DÍA 8 DE MARZO ÁS 12.00H NA PRAZA DO CONCELLO e un paro entre as 12.00 e as 14.00h.
Ademais de facer un chamamento a participar nas manifestacións convocadas polo Movemento Feminista Galego e a secundar a manifestación nacional unitaria.