O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO INFORMA QUE O PRÓXIMO 26 DE ABRIL, EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN CANCRO DE MAMA PILAR DOMINGO, OFRECE UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O CANCRO DE MAMA

O Cancro de mama é o tumor mais frecuente das mulleres occidentais. En España diagnostícanse arredor de 25.000  novos cancro de mama ao ano, pódese dicir que  1 de cada 8 mulleres terá cancro de mama ao longo da súa vida.

O cancro de mama é unha enfermidade grave, pero que se pode curar se se detecta a tempo. orixínase cando as células saudables da mama empezan a cambiar e profilerar sen control, e forman unha masa ou un conglomerado de células que se denominan tumor, que pode ser canceroso ou benigno.

Diagnostícase a mais mulleres con cancro de mama que ningún outro  cancro por esa mesma razón é tan importante a prevención, e con motivo do Dia da Saúde tanto o Concello de Salvaterra de Miño como a Asociación de Cancro de Mama Pilar Domingo queren por o punto de atención nesta doencia, tratando diversos temas como é a alimentación, o día a día nas enfermas e familia e o diagnóstico e tratamento, onde intervirán profesionais do sector como unha psicóloga, enfermeiras de oncoloxía, unha dietista e membros da Asociación, cunha charla informativa o próximo 26 de abril ás 20.00h no Salón de Plenos do Concello.

CharlaCangroMama