MartaO Concello de Salvaterra de Miño, a través da Concellería de Servicios Sociais que dirixe Marta Valcárcel Gómez, informa que se pon a disposición das persoas maiores de 65 anos, preferiblemente que vivan soas, un detector de fume para a súa vivenda, de mínimo mantemento e de fácil colocación.

A entrega destes detectores nace dun convenio entre o a Axencia Galega de Emerxencias para a xestión e prevención de emerxencias na zona transfronteriza, no marco do proxecto ARIEM 112 ( Asistencia recíproca interrexional en materia de emerxencias), cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa de Cooperación Transfronterizo España – Portugal (POCTEP), o Consorcio Provincial para a prestación do servizo contra incendios e salvamento e o Concello de Salvaterra de Miño.

O Concello de Salvaterra nestes intres e o único do Condado Paradanta que gaña poboación, e dos poucos da provincia, cun número elevado de nacementos por ano e con unha incipiente poboación nova, pero tamén é verdade que conta cun número considerable de persoas maiores que viven soas, e co fin de aumentar a seguridade neses fogares ratificou este convenio de colaboración. Dunha maneira sinxela as persoas maiores de 65 anos poderán dispor no seu fogar dun detector de fume cunha guía de consellos, onde lle explica de forma moi fácil como colocalos, onde se colocalos, como é o seu mantemento e as precaucións que debemos ter en conta.

 

iconoPDFIMPRESO DE SOLICITUDE

 

Aviso