O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PRESENTA UN CURSO DE INTRODUCIÓN Á ADMINSTRACIÓN ELECTRÓNICA ,DIRIXIDO PREFERENTEMENTE AS SÚAS ASOCIACIÓNS.

A partir do mes de outubro será obrigatorio a relación coas Administracións Públicas a través da Sede Electrónica de cada unha, tanto para persoas físicas como xurídicas,  nese ámbito están incluídas as Asociacións Culturais e Deportivas, que deberán tramitar de xeito telemático tódalas solicitudes, incluídas as do propio Concello. Dende solicitudes de subvencións a solicitudes de permisos de festas ou locais, citas para a Oficina de Emprego, para trámites coa Seguridade Social…  Tendo en conta que un gran número de persoas que pertencen ao tecido asociativo municipal son persoas maiores e que descoñecen este tipo de procedemento dende o Concello viron a necesidade de ofrecer un curso formativo para orientalos e introducilos neste novo procedemento, e que será dende outubro obrigatorio para relacionarse coas Administracións Públicas.

Neste curso que terá unha duración de 9 horas divididas en tres  días, 12, 19 e 26 de maio, sábados, de 10 a 13.00h na aula de Informática da Casa de Cultura de Salvaterra, e que está dirixido por persoal cualificado, farase unha introdución para adquirir os coñecementos básicos para o manexo do certificado electrónico, a solicitude de axudas e subvencións a través das sedes das Administracións e demais trámites.

Neste Curso terán prioridade os membros das Asociacións Municipais, unha praza por cada entidade, de quedar prazas vacantes terán acceso ao curso toda aquelas persoas que se inscriban, por orde de Rexistro de entrada.

Dende o Concello recordan que os interesados deberán ter activado o chip do DNI electrónico que se realiza na Comisaría da Policía Nacional sen cita previa.

Cartel FotoMarta