Un ano máis, e xa son  oito, o Concello de Salvaterra de Miño e os Centros Escolares de Infantil do Municipio, é dicir, o CEIP Infante Felipe de Borbón, o Cra A Lagoa e o CEIP de Leirado, veñen de desfrutar da xa tradicional Xuntanza Escolar de  Infantil, durante toda a mañan, no Parque Público A Canuda, na cal contaron tamén coa colaboración da Policía Local e a Policía Nacional  e nais e pais voluntarios do centros participantes.

Ó longo da mañá os diferente grupos formados por nenos e nenas de entre 3 e 5 anos realizaron diferentes obradoiros e actividades como pescar, educación viaria, paseos en barca, manualidades,  inchables, obradoiros de xogos psicomotrices, …, sempre gracias a colaboración dos profesores e profesoras e aos pais e nais. Ademais a Policía Nacional e a Garda Civil levaron os seus vehículos e ensináronlle como funcionan e como traballan no seu día a día, algo que lle encanta aos mais cativos e cativas.

Estas actividades organízanse con un dobre fin, por un lado  o lúdico e por outro o da convivencia, xa que con accións coma estas o que se busca sempre é unha integración e convivencia efectiva entre os escolares dos diferentes centros do municipio. 

 

 20A8452 20A8439 20A8413