SALVATERRA DE MIÑO PRESENTA UN ANO MÁIS O SEU VERÁN CULTURAL

 

Marta1Marta Valcárcel Gómez, 1ª Tte de Alcalde e Concelleira de Cultura  ven de presentar a programación que ofrece o Concello de Salvaterra ao seus veciños e veciñas para o verán, baixo o lema “Ven a Vivir agosto a Salvaterra”.

Acércase o mes de agosto  e con el o inicio da programación do Verán Cultural,  dende o Concello trabállase para  ofrecer unha programación variada, para todos os gustos e idades, un programa feito e pensado para desfrutar en familia. Unha programación cultural de calidade, con unha proposta diversa, cargada de actividades e festas, onde todos teñen cabida, e que en breve chegará  a todas as casas e que conta tamén con unha dimensión transfronteiriza a través da Eurocidade Monaçao – Salvaterra.

      Cine, concertos, folclore internacional, folk, música, humor, maxia,  teatro, Bandas de Música e gastronomía  terán o seu espacio.

      A programación arranca un ano máis o luns 30 de Xullo

      O luns 30 de xullo, no Recinto Amurallado, teremos o espectáculo de “O MUNDO A DANZAR”, coa actuación dos grupos folclóricos de África do Sur, Arxentina, Tahití e Ucrania.

      Venres 3 de agosto, na Praza do Concello, FESTIVAL FOLCLÓRICA DA A.C. PONTENOVA, coa actuación da Banda de Gaitas A.C. Pontenova e os grupos Ardentía e Tanto nos ten.

     Xa un habitual na nosa programación, o sábado 4 de agosto, o Recinto Amurallado acollera o maior festival DJ ao aire libre de Galicia, O SON DA MURALLA, coas acuación de Jose de Rico, Sara Santini, Thomas Living, Dj Frisco e Marcos Peón, Dj Charlie e Dj David.

      O Martes 7 de agosto os máis cativos poderán desfrutar dun concerto para eles da man de Pakolas.

Iria Estévez presentará o seu novo disco o mércores 8 de agosto, o fado, o son, a cantiga galega, músicas de Cabo Verde e Arxentina, bossa nova...

O xoves 9 de agosto poderemos desfrutar do Grupo de Baile Moderno do Casal.

      O xoves 9 de agosto FESTIVIDADE DE SAN LOURENZO coa actuación das  corais de Salvaterra acompañadas pola Banda de Música de Salvaterra de Miño, na Praza do Concello.

       

     Imos de  GUATEQUE, música dos anos 60, 70 e 80 para todos os nostálxicos desa época, o sábado 11 de agosto no Recinto Amurallado, e entre todos os que veñan caracterizados de época haberá un sorteo dunha viaxe.

.Luns 13 de agosto teatro/comedia infantil “O Vendedor de fume” na praza do Concello

       

        Martes 14 e xoves 16  de agosto CINE AO AIRE LIBRE, na Muralla, coas película infantil OS PITUFOS. A ALDEA ESCONDIDA e BALLERINA

        Venres 17 de agosto FESTIVAL DE BANDAS, na praza do Concello coa participación da Banda de Música da UVCD de Candean, a Banda de Música de Caldas de Reis e a Banda de Música de Salvaterra de Miño

        E entramos no último fin de semana de agosto e nos preámbulos da Festa do Viño do Condado, luns 20, martes 21 e mércores 22 de agosto, CURSOS/CATA . Prazas limitadas

Poremos punto e final a esta extensa programación coa FESTA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA que este ano chega a súa 59 edición, viño, música, gastronomía fan unha conxunción perfecta e fan de esta festa unha das mellores da nosa comunidade.

VeranCultural2018