Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

En Salvaterra cheira a viño, cheira a condado. Empeza a conta atrás para os actos conmemorativos da LIX Festa do Viño do Condado do Tea, unha semana enteira onde se lle rende tributo a un producto moi importante para o municipio.

Nesta edición participarán 28 adegas que achegarán a Salvaterra e a todos aqueles que decidan visitala, no último fin de semana de agosto, máis de medio centenar de viños.

As actividades arrancan o próximo luns, martes e mércores cos cursos/catas comentadas, onde o eixo central será  o propio viño, o luns 20 coa cata comentada de viños brancos da D.O Rías Baixas, o martes 21 coa cata comentada de viños Brandos das diferentes D.O. Galegas e o mércores 22 coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea.

O Venres 24 terá lugar a inauguración oficial da festa, e a partires de ese momento todos aqueles que o desexen poden desfrutar destes caldos nun enclave privilexiado como é o Recinto Amurallado de Salvaterra e sobre todo das súas noites gastronómicas, onde se mezcla cultura, historia,música, gastronomía e lecer, algo que fai que esta festa, a Festa do Viño do Condado do Tea sexa única.

 

Folleto1  Folleto2

Triptico

Foto1

 Foto2 Foto3 Foto4

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia