martaMarta Valcárcel, 1ª Tte de Alcalde do Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar un ano máis a proposta de cursos e actividades para o ano 2018/2019.

Coa chegada do outono dase a coñecer a programación para os vindeiros meses, e arrancamos xa en novembro, co CURSO DE INICIACIÓN A INFORMÁTICA para maiores de 45 anos, e que este ano debido a gran acollida que ten, aumentase a dúas xornadas. Neste mes empezará tamén o OBRADOIRO DE MEMORIA E LECTURA, a charla de TELEASISTENCIA DOMICILIARIA, as xornadas APRENDENDO A COMER SANO, o curso de SEDE ELECTRÓNICA e comezaremos tamén coas rutas de sendeirismo que buscan dar a coñecer o entorno natural do Concello coa RUTA DO MENDO, e que se repetiran ao longo dos seguintes meses polo Tea e  pola nova ruta do Miño Fillaboa- Caldelas

A principio de ano empezaremos con clases de ingles para maiores de 18 anos, actividades deportivas e cursos de coiro, esmalte frío e de manualidades con “crea o teu xabón”.

Todos os interesados en participar deberán inscribirse no Concello a partires do 16 de outubro, recordamos que son cursos gratuítos, con prazas limitadas e para empadroados.

 

CursosActividades2018