Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

foto1O 23 de novembro foi a data elixida en Salvaterra de Miño para celebrar os actos en torno ao 25, día Internacional contra a Violencia de Xénero. A mañá arrancou cou entrega de premios do concurso de slogans contra a violencia de xénero organizado polo Concello en colaboración co IES. Despois leuse un manifestó e gardouse un minuto de silencio polas vítimas.

Os sologan gañador este ano foi "Non Apreses, non Maltrates, non Ameaces" , de Laura Fernández López, co cal se fixeron uns marcapaxinas e se farán diversas campañas de concienciación e divulgación entre o alumnado do centro. 

MANIFESTO

Na Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres aprobada pola Asemblea Xeral da ONU (1993) defínese a violencia de xénero como “todo acto violento baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública coma na privada”. A violencia de xénero constitúe un grave atentado directo e inmediato contra a dignidade, os dereitos individuais, a calidade de vida e a saúde física e mental das mulleres. É a manifestación máis extrema das desigualdades de xénero e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade democrática.

A loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade institucional e política para as administracións de todos os niveis de goberno.foto2

Só no que vai de 2018 foron asasinadas en España, 43 mulleres e 8 menores, só en Galicia 3 mulleres, unha situación insostible para calquera sociedade que se considere democrática, pois estamos a falar do máis elemental dos dereitos humanos, o dereito á vida, a nosa vida!!!.

Nos últimos tempos fomos avanzando na visibilización dalgunhas violencias machistas grazas ao traballo de mobilización e concienciación dos diferentes movementos de mulleres. Porén temos que seguir avanzando, tamén nas institucións. É preciso reparar e enfrontar todo tipo de violencias, desde a máis extrema que pon en perigo a saúde mental e física das mulleres ata outro tipo de violencias non físicas. Para todas estas cuestións, as institucións poden e deben axudar a responder e a paliar as súas consecuencias.

Desde o Concello queremos expresar con firmeza, non só o noso rexeitamento das violencias que sofren as mulleres polo mero feito de selo, senón tamén dar conta de que é algo que nos compromete a todas e a todos, axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación, recoñecendo a importancia do papel das entidades locais en tanto poderes públicos próximos ás realidades que viven as mulleres, os nenos e as nenas.

foto3Hoxe, 23 de novembro, desde o Concello de Salvaterra de Miño queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres; amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia, non mires para outro lado!!!

Quero pechar este manifesto co lema do slogan gañador deste ano no concurso de Slogans contra a violencia de xénero organizado co alumnado do IES Salvaterra de Miño

Non Apreses,

Non Maltrates,

Non Ameaces.

Novembro de 2018.

Marta Valcárcel Gómez

1ª Tte de Alcalde de Salvaterra de Miño

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia