ORDE do 26 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2017.

Prazo de presentación de solicitudes. Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
   a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2016 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde. É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o
ano 2016.
   b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do daño.

 

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170120/AnuncioG0422-301216-0001_gl.html