RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2017 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (IN421H, IN421I).PRAZO DE ADHESION E SOLICITUDES: As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para solicitar a súa adhesión. O prazo de presentación das solicitudes de axudas será de un (1) mes contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de adhesión das entidades colaboradoras.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170302/AnuncioO3G1-090217-0001_gl.html