ORDE do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017.

PRAZO DE SOLICITUDES: O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do PROGRAMA I. PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341J)  será desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2017. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. .(DOG 04/08/2017).
Para a o PROGRAMA II. FOMENTO DA CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA (TR349I E TR349L), O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017.
Para o PROGRAMA III: PROGRAMAS DE COOPERACIÓN (TR352C),  O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación .(DOG 04/08/2017).


http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170804/AnuncioG0424-210717-0001_gl.html