ORDE do 18 de decembro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2018 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

PRAZO: O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG 27/12/2017) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2).

• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2).

• Servizos para o control de pragas (SEA028_2).

• Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3).

• Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2).

• Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2).

• Tanatopraxia (SAN491_3).

• Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171227/AnuncioG0424-191217-0003_gl.html