ORDE do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.

PRAZO:

a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2017 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180110/AnuncioG0422-201217-0004_gl.html