O Concello de  Salvaterra de Miño ven de presentar as próximas actividades infatís que realizará con motivo da conmemoración de varias datas.

Así o 4 de febreiro, DÍA MUNDIAL CONTRA O CANTRO. Ás 12.00h, pintarase no chan da praza un gran lazo e a continuación farase unha solta de globos en apoio a tod@s @s que sufren esta efermidade.

24 de febreiro: DIA DE ROSALIA. Ás 17.00h, realizarase un Mural Pop Art sobre Rosalía entre todos os asistentes

8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Ás 17.00h os nenos e nenas axudarán a construir un símbolo feminino xigante feito con globos como homenaxe ás mulleres traballadoras que dendurará da fachada do Concello.

Todas estas actividades realizaranse na Praza do Concello, en caso de choiva suspenderanse.

ActividadesInfantiles