NotaPrensaO Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño, con adicación, donará o 30% do seu soldo do mes de abril para a loita contra o COVID-19 (coronavirus).

A Alcaldesa, os dous Tenentes Alcalde con adicación exclusiva e o Concelleiro de Xuventude e Deportes, con adicación parcial, donarán o 30% da súa nómina do mes de abril para contribuir a loita contra o COVID-19, destinando ese diñeiro a Servizos Sociais do Concello co fin de atender as necesidades máis urxentes de todas aquelas persoas ou familias que están atravesando por unha situación complicada a consecuencia da situación que estamos a vivir.