PROGRAMA PROVINCIAL MULLERES EN ACCIÓN # VIOLENCIA CERO

             
O silencio favorece ao maltratador, faite oír, denúnciao”,  de  Marcos Iglesias Domínguez

Un quérote non compensa mil bágoas”,  de  Inés Fernández Gómez

Oír, ver … e NON CALAR”, de Brais Méndez Pérez

SON MÁIS QUE FERIDAS. SON AS NOSAS VIDAS,  de Zaira Vaqueiro Pereira

A liberdade non ten propiedade!, de Aroa Domínguez Pérez


Na última décadada un total de 700 mulleres foron asasinadas en España por homes cos que mantiñan ou mantiveran  unha relación sentimental, das cales en torno a un 23% denunciaran aos seus agresores. Nos últimos 10 anos houbo mais dun millón de denuncias por violencias de xénero.

Dende o Concello levamos anos traballando a prol da erradicación desta lacra social, que ano a ano se segue cobrando as vidas de mulleres, as nosas amigas, a nosa nai, a nosa prima, a nosa veciña, a miña filla... e que moitas veces vemos como simples espectadores. Cremos que é moi necesario seguir traballando, e así o estamos a facer, de abaixo a arriba, cos máis pequenos na liña da educación, da igualdade e da non violencia. Son moitas as actuacións que se realizan neste sentido, pero unha das que mais orgullosos nos sentimos e ese concurso de slogans que organizamos con nenos e nenas do IES Salvaterra, cos que empecei a miña intervención, e que se utilizan todos os anos nunha campaña de educación e divulgación que organiza o Concello.
Hoxe nesta Praza disfrutamos da Actuación de Marta Cuba  que se enmarca dentro do programa Provincial Mulleres en Acción – Violencia zero, e tal e como di o propio programa o único camiño que hai, o único polo que poderemos camiñar e o que queremos conseguir é o de Violencia cero, e iso non será posible sen vos, porque non o podemos permitir, porque o temos que denunciar e porque queremos vivir, vivir en tolerancia, en igualdade e sen violencia.
Gracias, gracias por compartir esta xornada con nos!!!!

Marta Valcárcel Gómez
1ª Tte de Alcalde do Concello de Salvaterra de Miño

 

Violencia1   Violencia2

Violencia3

 

la flecha azul a la izquierda detras de anteriores icono 5726 32