Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

FotoPresentacionSALVATERRA ARRECENDE A NADAL

   A Visita dos Bolechas, de Papa Noel , os Reis Magos e o campamento Infantil de Nadal son os eixos fortes da programación deste ano.

   Un ano mais o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación de Nadal, e como é normal, está centrada especialmente nos máis cativos da casa, xa que son eles os que viven con mais intensidade estas datas, pero sen esquecernos dos non tan pequenos.

   Arrancamos  cun OBRADOIRO DE DECORA O NADAL para adultos, do 11 ao 14 de decembro. Pontenova realizará o seu tradicional Festival de Nadal o venres 15, e o domingo 17 terá lugar o Concerto de Nadal do Coro Lacedurium.

   A seguinte semana, do 18 ao 20, será o momento da cociña co OBRADOIRO DE COCIÑA EN NADAL para adultos. A partir do 22 ata o 4 de xaneiro comeza o CAMPAMENTO INFANTIL DE NADAL.

   O 23 e 24 todos aqueles que se acheguen a Salvaterra poderán desfrutar dun viaxe gratuíto no Tren “CHUCHU” con visita pola Eurocidade Salvaterra – Monçao.

   E o nadal tamén é a data escollida polos BOLECHAS para achegarse a Salvaterra de Miño a presentar o seu libro “Salvaterra de Miño Vila Milenaria”, o sábado 23 ás 16.30h. E pola noite, ás 21.00h terá lugar o Conceto de Nadal da Banda de Música de Salvaterra.

   Na tarde do 24 será PAPÁ NOEL o que nos visitará, ás 16.00h chegará en barco polo río Miño ao embarcadoiro e fará un percorrido polas rúas da Vila, para ás 17.00 h recibir a todos os cativos na Praza do Concello.

   OBRADOIRO  XUVENIL DE COCIÑA EN NADAL e de DECORA O NADAL  para os días 26, 27 e 28 de decembro.

   Do 26 ao 29 de decembro faremos un regreso ao pasado co OBRADOIRO DE  CREACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS, un obradoiro pensado para facer en familia.

   O 30 de decembro SAN SILVESTRE SOLIDARIA de Salvaterra a Monçao.

   Concerto de Nadal do Coro Cantemos o sábado 30 de decembro, e o martes 2 de xaneiro CINE INFANTIL.

   E pechamos a programación coa tradicional CABALGATA DE REIS o venres 5 de xaneiro a partir das 16.00h. As súas Maxestades chegarán a Salvaterra dende a Ponte Internacional e recibirán aos máis cativos na Praza do Concello.

   Dende a Concellería de Cultura  informase que as actividades son totalmente gratuítas, para empadroados, e as prazas son limitadas. O prazo de inscrición ábrese a partires do 1 de decembro.

   O Concello de Salvaterra deséxalles unhas boas festas!!!!

Nadal2017

Diciembre 2017
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
ProgramacionNadal
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia