Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

OutrasFestas

 

FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE AO CALDEIRO
 
Data: 
Lugar: Celébrase no torreiro de festas de Fornelos da Ribeira.
Descrición: Haberá polbo á feira , Carne ó caldeiro , empanada , filloas caseiras. Grupo de gaitas e miniconcentración de coches clásicos. O pregón será a cargo sempre dalgunha persoa coñecida ou famosa, destacando entre os que estiveron ao director de cine IGNACIO VILAR e como presentador da festa o actor RUBÉN RIÓS no ano 2015, e neste ano 2016 ao presentador TELIO CARRERA.
 
FESTA DO SANTÍSIMO CRISTO DA VICTORIA
 
Data: Segundo fin de semana do mes de xuño.
Lugar: Praza do Castelo.
Descripción: A Festa do Cristo de Salvaterra é das máis importantes que se celebran no Concello, xa que é o patrón de Salvaterra de Miño. A celebración lévase a cabo cunha misa solemne que se celebra as 12:00 horas en honor ao Santísimo coa sua posterior procesión. O remate da misa ten lugar o Concerto da "Banda de música de Salvaterra" e outras Bandas da zona.
Pola noite ten lugar unha verbena que estará amenizada por grandes orquestas.
Tamén, ao longo da fin de semana sempre ten lugar algunha exposición nas Murallas da Raiña Dona Urraca.
 
FOGUEIRA DE SAN XOÁN
 
Data: 23 de xuño a partires das 20:00 horas.
Lugar: Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño.
Descripción: Tódolos anos o Concello de Salvaterra de Miño organiza a súa tradicional fogueira de San Xoán. Nesta festa, como tamén é tradicional, pódese degustar de sardiñas asadas, pan e viño.
 
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
 
Data: 17 de maio.
Descripción: Co motivo do día das Letras Galegas, o Concello de Salvaterra sempre presenta actividades infantís sobre lectura, pintura e varias actividades relacionas cos libros. Tamén se levan a cabo un concerto de Corales polas Letras Galegas.
 
FESTA DA SEMENTEIRA
 
Data: mes de maio.
Lugar: Quinta de San Brais de Piñeiro (Corzáns).
Descripción: Festa na que se rinde tributo as tradicionais formas de traballar a terra, tal e como facían antes os nosos avos.
A este festa débese acudir con roupa de labrego. Nesta festa pódese atopar unha feira de artesanía, traballos de labranza e sementeira, así como unha comida campestre para os asistentes con carne ó caldeiro, polvo, xamón asado, empanada e viño da casa.
Tamén se pode disfrutar dunhas olimpiadas agrícolas que sempre se celebran pola tarde.

 

InicioAnterior12SiguienteFinal
Febrero 2017
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 1 2 3 4 5
Entroido2017
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia