Casa do Concello
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Benvido a Salvaterra de Miño

 

FESTA DO ENTROIDO
 
Data: fin de semana de entroido
Lugar: Rúas de Salvaterra de Praza do Concello
Descripción: O entroido en Salvaterra está pensado principalmente para os máis cativos. Nesta festa lévanse a cabo actividades como: Desfile de Entroido, coa participación dos centros educativos de Salvaterra, Obradorio infantil de disfraces para nenos e nenas, Obradoiro infantil de máscaras para nenos e nenas, Festival infantil e Concurso de disfraces. Ao longo dos días de festa terán lugar diversos Xogos infantís.
 
FESTA DOS CALLOS DE FIOLLEDO
 
Data: mediados de xullo
Lugar: Parque do Souto (enfronte ao Centro Cultural)
Descripción: A parroquia de Fiolledo, leva celebrando esta festa dende o ano 2002. É unha festa organizada pola Comisión Prol-Festas Virxe do Carme, con motivo da celebración do seu patrón San Paio. Serviranse racións de callos con pan, bebida e louza conmemorativa, todo iso cuns precios popularesros e comezan a servirse sobre as 11.00 horas. Ademais, tamén se despacharán racións de empanada. Logo as 12.30 horas será a misa solemne con procesión. O xantar realízase debaixo dunha carpa instalada no Parque do Souto e amenízase sempre con algúnha banda ou grupo de música da zona.
 
FESTA DO VIÑO NOVO DE ARANTEI
Data: mediados de Novembro
Lugar: Pavillón de Deportes
Descripción: Os veciños da parroquia de Arantei, celebran dende o ano 1999 a tradicional Festa do Viño Novo de Arantei, un evento gastronómico no que todos os asistentes poderán degustar os viños da nova colleita da zona. Os actos da festa comezan sobre as 11.00 horas no Pavillón de Deportes de Arantei, onde estarán instalados os diferentes postos de venda de tickets para a degustación de polbo, orellas, callos, empanada, lamprea rechea e demais manxares, que deleitarán os padais máis exquisitos. Tamén se poden mercar as correspondentes xerras e cuncas para que os asistentes poidan degustar viño gratis durante todo o día. A partir das 12.00 horas procédese á lectura do pregón da festa. A xornada estará animada pola música, normalmente sempre de algunha charanga e algún grupo de gaitas. Durante a festa faise unha tombola coa que se repartirán grandes premios e tamén se levará a cabo unha mostra de fotografías sobre a vendima.
 
FESTA DO VIÑO ARTESAN
 
Data: primeiro fin de semana de Agosto
Lugar: A Regueira
Descripción: Dende o ano 1997 lévase celebrando esta tradicional Festa do Viño Artesán, festa na que, tódolos asistentes poderán degustar de forma gratuita o viño artesán da zona, acompañado de churrasco, polvo, sardiñas, empanada e outros deliciosos manxares. 
 
FESTA DO EMBUTIDO DE ALXÉN
 
Data: mediados de Abril
Lugar: Torreiro de Festas
Descripción: Dende o ano 2011 lévase celebrando esta festa do Embutido, na que dende as 10 de mañán ata as 8 da tarde poderanse degustar tapas de xamón, ibéricos, queixo, chourizo ou lombo. Tamén hai un polbeiro. A festa está animada por unha charanga e estará protexida por unha carpa con mesas e sillas. Nesta festa ten lugar una saída típica de BTT, con avituallamento, lavado de bicicletas e duchas de balde. 
 
 
 
InicioAnterior12SiguienteFinal
Febrero 2020
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 1
CineGratis
LogoRioNavegable
IconoMuseoDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORAL
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia