Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

PercorreSalvaterra

 

O inicio do percorrido turístico polo municipio parte dende ampla e bulliciosa Praza da Constitución, onde se atopa o nobre e moderno Concello de Salvaterra de Miño.

A poucos metros a pé, e xusto ao carón do río que marca fronteira con Portugal,  o río Miño, é posible admirar a maxestuosidade  da súa impoñente Fortaleza. Esta construción pétrea érguese desafiante sobre un pequeno promontorio, espazo dende  o cal se alcanza unha das mellores vistas panorámicas da vila.

As súas robustas murallas datan do século XVII e dan cobizo a edificios de grande riqueza arquitectónica.

A  Igrexa de San Lourenzo, de fermosa fachada renacentista, a Capela da Oliveira, de tradicional usanza portuguesa e porta de acceso á fortaleza ou a  Casa do Conde, son exemplos dos monumentos que non debemos esquecer na nosa visita á vila.

Non obstante, o seu edificio insigne é o Castelo de Dona Urraca, un espazo que consta de dúas plantas con simétricas bóvedas de aresta comunicadas por unha escaleira de caracol de dobre rampla, exemplar único en España. En torno a este monumento xiran hoxe engaiolantes lendas.

Este conxunto histórico conforma a antiga Fortaleza de Salvaterra, que foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1949, e que é considerada como unha das máis importantes e impoñentes fortificacións do Sur de Galicia.

O carácter fronteirizo da vila de Salvaterra de Miño xunto a fascinante amalgama de pedra, auga e historia confírenlle ao municipio un atractivo único e diferenciador.

Octubre 2017
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
HorariosBusA
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia