Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

PazoFai uns dous mil anos os romanos xa ordenaban o cultivo de viñas na Fillaboa.

A sublevación portuguesa de 1640 obligou ó Marqués de Tavara, gobernador de Galicia, a fortificar esta finca. Rematados os acontecementos bélicos que motivaran a súa existencia, A Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso.

No século XVIII era propiedade do Conde de Salvaterra e Marqués de Sobroso, pasando tras varias xeracións a mans da duquesa viuva de Híjar, a cal a vendería en 1884, xunto co castelo do Sobroso, a D. Manuel Bárcena y Franco, I conde de Torrecedeira.Pazo2

Bárcena comezou a cultivar viñedos e a producir caldos coa etiqueta "Viño do Condado Fillaboa", e a excelencia dos seus viños foi coñecida en Cuba, Arxentina e Francia gracias ás exportacións realizadas en 1900.

CapillaDa primitiva adega só se conservan os muros de pedra e algúns elementos do vello pazo entre os que sobresae a escalinata e balaustradas exteriores, a gran capela, o canastro de cinco claros e o pombal. O estado de conservación e bo, pero moi modificado.

O escudo está desprazado da ubicación orixinal, e topámolo na torre do pazo. Mostra o seu campo cuartelado en cruz coas armas dos Sarmiento e Sotomayor.Capilla2

A adega foi adquirida por Alejandro Barreras en 1955, pasando máis tarde a formar parte da sociedad anónima Granja Fillaboa. Posteriormente foi adquirida a finais do ano 2000 polo Grupo Masaveu, que baixo o nome de Bodegas Fillaboa duplicou a extensión da plantación pasando a ter 70 hectáreas, converténdose na finca máis grande do catastro de Pontevedra.

Marzo 2017
L M X J V S D
27 28 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
ReunionPlanLEADER
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia