Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

EntradaA capela do pazo, consagrada a San Amaro, dalle nome a esta construcción situada á beira do Miño, na parroquia de San Pablo de Porto, aínda que tamén se coñece como Pazo de Porto. O conxunto pacego tamén pertence unha praia e unha illa no río, ademáis dun extenso viñedo.

No alto, dominando todo o panorama ata o río, está a casa, de traza sinxela e amable. Frente a ela, na outra beira do Miño, en Portugal, está a esbelta torre de Lapela.

Foto1O edificio foi morada principal dos Pereira de Castro, linaxe que se ramificou por todo o territorio da Galicia histórica. Pola liñaa de consanguineidade chegamos ó Marqués Pedro Vaz Pereira de Castro, a quen se debe a construcción deste fermoso pazo en 1591, segundo se contempla na inscrición que acompaña ó escudo principal do edificio:

"ESTA CASA MANDO AZER P. VAZ PEREIRA-HIJO DE VAZ PEREIRA DE CASTRO. A. 1591"

Probablemente se construira sobre as ruinas dalgunha torre defensiva existente en resposta a torre fortificada situada en frente, no pobo luso de Lapela, en tempos de hostilidades entre ambos paises.

CanastroNo ano 1960 a familia Villar comprou todo o conxunto pacego, acometendo posteriormente a transformación agrícola da finca para convertela posteriormente en explotación vitivinícola debido á alta calidade acadada polos viños nestas terras.

Dentro da finca, dunhas 30 hectáreas, topamos varias edificacións. A casa presenta planta en L, e as dependencias secundarias foron rehabilitadas como adegas. Podemos topar tamén un canastro de cinco claros de madeira e pedra, que constitúe un recordo dos espléndidos tempos agrícolas da casa.

A entrada principal era por un camiño que da a un portalón de pedra almenado tralo que topamos un patio axardinado con plantas olorosas e unha fonte, e que era onde antes estaban as cabaleirizas e as dependencias do servicio.Capilla

A capela de san Amaro foi construida como edificio independente en 1582, anos antes de que se construira ó propio pazo (1591). Sometida a unha recente restauración, esta capela merece unha mención especial pola súa antiguedade, beleza arquitectónica e á tradicional romaría que cada 15 de xaneiro se celebra na honra de San Amaro.

Foto2Hai un total de cinco escudos repartidos entre os distintos edificios. Na fronte da capela topamos dous: no da esquerda pódense aprecia-las armas dos Pereira e dos Castro, que se corresponden coa ascendencia materna do promotor da obra, mentras que no da dereita están as dos Lobato e dos Bacelar, que se corresponden coa ascendencia paterna. Outro dos escudos está entre as dúas portas da fachada principal (ó norte) do pazo, e inclúe os distintivos dos Sotomayor xunto os doutra linaxe cunhas armas parecidas as dos Bugarín. No alto da parede do patio orientada ó nacente hai un escudete coas armas dos Lobato, e neste mesmo patio, na parede que mira ó mediodía, topamos o escudo máis valioso da casa no que quedan reflexados os Castro, os Pereira, os Lobato e os Bacelar.

Octubre 2017
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
HorariosBusA
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia