Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

A Inquisición española foi unha institución fundada en 1478 polos Reis Católicos para manter a ortodoxia católica nos seus reinos, pero a pouco de iniciar a súa andaina xa tiña no seu haber multitude de delitos froitos dunha hiperheterodoxia relixiosa.

O Portalón da Inquisición é o único resto que queda do pazo do que foi o seu fundador Bartolomeu Barbeito e Padrón, primeiro inquisidor do Tribunal Censor do Galicia en 1677, cargo que exercería durante once anos gobernando como autoridade máxima coa compracencia do Inquisidor Xeral.

PortalO topónimo que identifica ó lugar ten a súa orixe na casa que Bartolomé Barbeito e Padrón, colexial de San Clemente e inquisidor apostólico nacido en Corzáns, fundou, nun momento no que a represión exercida polo Santo Oficio en Galicia xa remitira, tra-lo período de feroz persecución ás comunidades xudías máis representativas, como eran as de Ribadavia, Ourense, Pontevedra e Tui, entre outras. Tras exercer en Santiago - onde foi catedrático na Universidade-, Murcia, Valladolid e Madrid, decidiu construír a Casa-Escola para clérigos da súa familia, moi cerca do lugar onde os seus pais fundaran o maiorazgo do Piñeiro.

Do edificio orixinal son escasos os restos que chegaron ós nosos días, xa que a construcción actual é producto das sucesivas reformas efectuadas. O monumental Portalón mantense en pé na súa meirande parte, e constitúe unha das mellores mostras entre as do seu xénero que se coñecen, tanto pola calidade da fábrica, de excelente sillería, como polas súas proporcións.

O portalón consta de dous corpos divididos horizontalmente por unha imposta moldurada: na inferior ábrese a porta de arco de medio punto formado por dovelas, mentres o superior, rematado por cornixa tamén moldurada, resulta espectacular, pois brasóano tres escudos entre os que se le a inscrición seguinte:

"MANDOLA FABRICAR EL SR. D. BARTOLOMÉ BARBEITO Y PADRON/ NATURAL DE ESTA FELIGRESÍA/ INQUISIDOR APOSTÓLICO Y MAS ANTIGUO DE ESTE REINO DE GALICIA/ AÑO DE 1668/ PARA CLERIGOS DE SU FAMILIA Y VECINOS DE ESTA FELIGRESÍA A FALTA DE AQUELLOS"

EscudosDo muro de peche que delimitaba a propiedade consérvanse os restos que superaron as agresións ás que se viu sometido ó longo dos anos, como acontece co Portalón, abocado a desaparecer se non se toman as debidas medidas, pois xa se desprenderon algúns sillares do seu flanco esquerdo.

Os escudos ocupan a parte central do Portalón, onde este toma maior altura. O da esquerda, hoxe derruído, está fóra do conxunto e referíase á ascendencia paterna do fundador, é dicir, Mariño, Valladares, Padrón e Barbeito; o da dereita, partido e medio cortado, representa a filiación materna: Suárez, Ozores e Puga. O situado no centro, en plano máis elevado, indica a condición de inquisidor de Bartolomé, cuia dignidade eclesiástica ven a confirmarse no timbre de cada un dos escudos: capelo do que penduran, a ambos lados, os dous cordóns con seis borlas cada un, propios dos bispos. No espacio limitado por estas representacións heráldicas é onde está esculpida a inscrición.

Abril 2017
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
ViolenciaZero
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia