Casa do Concello
Lago do Parque "A Canuda"
Fonte do Parque "A Canuda"
Un Xardín sobre o Miño
Parque público "A Canuda"
Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
Interior Murallas Dona Urraca
Casa do Viño
Benvido a Salvaterra de Miño

IslaDeFillaboa

Salvaterra adquiriu unha Illa no delta que conforma o Miño co río Tea. Nestes momentos o Concello está convertendo esta Illa en Parque Natural que estará unido a terra por unha pasarela pola que os visitantes poderán acceder.

A Illa Fillaboa atópase no Río Miño entre España e Portugal sendo propiedade do Concello de Salvaterra de Miño. 

Esta Illa é a maior das dúas que se atopan na desembocadura do río Tea no Miño. A proposta municipal busca que sexan incluídas na rede "Natura 2000" ademais dun tercio do curso do río Tea.

A Illa, cunha extensión de 110.000 metros cadrados, está situado nun espazo natural protexido como Ben de Interese Comunitario, e constitúe unha paraxe natural ideal para establecer unha aula da natureza baseada na flora e fauna autóctonas de Galicia. Neste sentido, o Concello de Salvaterra está realizando as xestións oportunas para conseguir fondos que permitan a creación deste aula.

O proxecto consiste en rehabilitar unha vella construcción de dúas plantas que xa existe na Illa. Este edificio servirá de punto de partida dunha ruta de sendeirismo e albergará o centro de recursos da aula da natureza. Alí o visitante poderá documentarse con planos do entorno, axudado por paneis gráficos e guías das especies da zona, que estarán a súa disposición. O proxecto inclúe a adecuación dunha zona como área recreativa con mobiliario adecuado con barbacoas e mesas.

O visitante que queira acceder a Illa pódeo facer camiñando a través dunha ruta que une o parque "A Canuda" coa desembocadura do río Tea, no entorno da ribeira do Miño. Outra posibilidade é acceder dende a "Ponte Romana da Fillaboa" pola beira do río Tea ata a desembocadura.

Para facilitar o acceso no inverno e primavera que é máis difícil cruzar, o Concello pretende construír proximamente unha pasarela colgante sobre o Miño co fin de poder chegar ó interior da Illa sen necesidade de embarcación durante todo o ano. 

 

Febrero 2017
L M X J V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 1 2 3 4 5
Entroido2017
InformacionTuristica
ORAL
Xunta
DeputacionPontevedra
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
Centro de Modernización Tecnolóxica
EmpregoPublicoGalicia
EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
Prensa
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia