Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O pazo de O Souto atópase no barrio de Praza. As fincas que pertencían a este pazo abarcaron no seu día unha extensión non inferior ás 400 hectáreas, polo que comprendían unha boa parte da actual parroquia de Arantei.

Foto1Os Barros son unha antiga linaxe que arraigou nas provincias de Ourense e Pontevedra, onde tiveron importantes casas como esta. Os Barros da zona de Ponteareas e Salvaterra de Miño procederían de Braga, segundo corroboran as armas mostradas no escudo da casa, e aparecen unidos aquí ós Troncoso de Lira, prolífica linaxe de ampla presencia na provincia. Entraron na familia tamén apelidos navarros, como Quiquieri e Arquiaga, o que deu lugar a unha afiliación carlista que provocou que durante as denominadas guerras carlistas estivera a casa abandoada.

Foto2O pazo, que se supón do século XVI, é un sobrio edificio rectangular de dúas plantas de fábrica mixta, de sillería e mamposteía, con muro de cerre que se interrompe na fachada e que bordea a estrada dende a que se accede á finca. As troneiras da planta inferior fan pensar que en tempos puido ser unha construcción defensiva.

O escudo, magníficamente labrado, topámolo entre as dúas fiestras da planta alta da casa, e mostra as armas dos Barros, Troncoso de Lira e Sotomayor.

Actualmente está en mans de tres familias, e tópase nun bo estado de conservación.

 

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia