LogoDepoAndainas

A Deputación de Pontevedra ven de abrir o prazo de inscrición da nova ‘DepoAndaina’, que terá lugar o día 1 de Setembro no noso Concello. Trátase dunha ruta que se  desenvolve para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo. O itinerario percorrerá o Parque de A Canuda e o Paseo Fluvial, a Illa da Fillaboa, no Río Miño. É una andaina só de mañá que ten de horario de saída as 10:00 horas no Parque de A Canuda e o regreso en torno ás 14:30 horas tamén no Parque.

A inscrición poderase realizar na páxina da Deputación (www.depo.gal) ou tamén no Concello de Salvaterra (50 prazas adicionais) mediante un formulario que se entregará na oficina da Consellería de Deporte e Xuventude ou descargando o formulario de inscrición que se adxunta máis abaixo. A presentación da inscrición no Concello farase en horario de 09:30 a 12:30.

O prazo de inscrición rematará o próximo MÉRCORES 28 de Agosto ás 12:00 horas.

Dádevos presa! Aproveitemos o noso Patrimonio!

https://www.facebook.com/hashtag/depoandainas?source=feed_text&epa=HASHTAG&__tn__=*NK-R

 

PDFFORMULARIO DE INSCRICIÓNS

DepoAndainas