Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

A Xunta de Galicia ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño , despois de reiteradas peticións por parte do consistorio municipal, que comezarán coa instalación dun paso de peóns intelixente en Oleiros, na recta das Santas. Esta zona conta cunha gran afluencia de tráfico tanto de vehículos lixeiros como pesados que se trasladan diariamente por esta estrada, situación que puideron comprobar directamente os técnicos da Xunta nunha das últimas visitas realizadas a este tramo coa Alcaldesa de Salvaterra Marta Valcárcel. Un tramo de estrada que ademais conta cun núcleo de poboación importante e un colexio de infantil ao lado, que coincide nas horas de entrada e saída co horario de máxima afluencia de vehículos, motivo polo cal despois de visitar a zona, a Xunta decidiu tomar medidas para aumentar a seguridade e instalar o 4ª paso intelixente da provincia, obra que se executará nun par de semanas.

Ademais a Consellería prevé balizar o carril co fin de estreitalo e reducir a velocidade nese tramo para mellorar a seguridade dos peóns e dos veciños e veciñas de Oleiros.

Un paso de peóns intelixente que busca mellorar a visibilidade e seguridade dos peóns e que conta con iluminación autónoma, cunhas medidas de 900x900, un pulsador de encendido por 170 diodos led en cores azul e branco alimentado por unha placa fotovoltaica de 30w, que activará todos os puntos de iluminación do paso de peóns.

PeatonOleiros

Marzo 2024
L M X J V S D
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia