CartelActividades2020O CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO PRESENTA O PROGRAMA DE CURSOS E ACTIVIDADES PARA 2020

Como ven sendo habitual, o Concello de Salvaterra  de Miño  pon en marcha o seu programa anual de cursos e actividades de Xaneiro a Xuño de 2020. A Alcaldesa  Marta Valcárcel e o Concelleiro de Xuventude Edgar Martínez Philippon veñen de presentar recentemente o cartel da programación sinalando interesantes novivades para este ano.

Dentro da variedade ofertada, podemos atopar distintas propostas, que van   dende unha XORNADA DE SESIBILIZACIÓN DE PRIMEIROS AUXULIOS, UN OBRADOIRO PARA ADULTOS SOBRE DISCAPACIDADE E INFANCIA, unha XORNADA ATRONÓMICA, TAICHÍ, DEFENSA PERSONAL FEMININA, ou un OBRADOIRO PARA APRENDER A ELABORAR TEXTOS OFICIAIS (CURRÍCULOS, INSTANCIAS,ETC). Tamén haberá un CURSO DE SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E EXCELENCIA.

Ademáis repetirán actividades que xa tiveron éxito o ano pasado como son as clases de ZUMBA, OBRADOIRO DE MEMORIA E LECTURA PARA MAIORES DE 60 ANOS  ou  “ENGLISH SPEAKING”.

Queda aberto o prazo de isncrición para as distintas actividades, moi útiles tanto a nivel social, intelectual, deportivo, sanitario ou laboral, xa que nos tempos que corren é fundamental dotar a poboación de ferramentas aplicables á vida cotiá.

Dende o Concello anímase a todas esas persoas, xoves e maiores, a participar nesta iniciativa saudable e formativa o alcance dun grupo moi amplio de idades.

Máis información en   Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  ou en ventanilla no Concello.

 

iconoPDFSolicitude ADULTOS.

 

iconoPDFSolicitude MENORES.

 

Foto