OfertasEmpregoO CONCELLO DE SALVATERRA APROBA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA O POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en Xunta de Goberno o inicio dos trámites para a creación dunha Bolsa de Traballo   para dar cobertura ás necesidades que poidan xurdir no desempeño do posto de “Auxiliar Administrativo” mediante un/ha funcionario/a interino/a.

Os interesados/as poderán presentar as súas solicitudes unha vez se publique o anuncio no  Boletín Oficial da Provincia, no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da inserción.