ImportanteO Concello de Salvaterra de Miño solicítalle a entidade bancaria ABANCA a urxente retirada do cobro das comisións aos seus clientes

A Alcaldesa de Salvaterra solicitoulle á sucursal de ABANCA no municipio, a través dun escrito, a retirada  das comisións e a reposición  das mesmas.

Ante a situación social e económica que se está producindo a consecuencia do COVID-19, o incremento de familias que son atendidas a través do departamento de Servizos Sociais e a situación de crise económica que se prevé nos próximos meses, entendemos dende esta Alcaldía que esa entidade debería solidarizarse coa situación que estamos a vivir e que con motivo das razóns sociais e económicas do momento se teña en conta a retirada e a reposición  desta comisión cobrada aos nosos veciños e veciñas.