A asociación Trans Miño LGTBIQ+ mantivo unha xuntanza coa Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Dª Marta Varcarcel. Na devandita reunión presentouse as actividades que desde a Asociación Trans Miño levan facendo, que xa forman parte do seu catalogo por definición. A Alcaldesa comentou que desde o Concello, estase a facer unha campaña moi forte apostando pola igualdade, pondo como exemplo o “concurso de slogans contra a violencia de xénero”.

Nesta primeira toma contacto, a Alcaldesa mostrouse moi interesada polo programa “Eduquemos na Diversidade”, programa que vai pola segunda edición, e que se esta a levar a cavo nun instituto de Tui, onde está  a ter moi boa acollida, tanto por parte do profesorado como  por parte do alumnado. Este programa vai dirixido o alumnado da ESO. Os  obxectivos do programa son darlle a información o alumnado sobre a diversidade afectivo sexual, e a prevención das conductas LGTBIfobicas e Homfobicas.

Outro programa que mostrou moito interese, foi o “Programa Arcoiris” que consiste na prevención das agresións por LGTBIfobia nos distintos festivais que dende o Concello de Salvaterra de Miño se organizaría.

Tanto por parte da Alcaldesa Marta Varcalcel, como por o coordinador da comarca e o presidente, acordaron manter unha líena aberta de contacto para establecer as posibilidade de colaboracións.

LGTBI