Programa piloto que arranca na provincia de Pontevedra que busca testar ao maior número de xente posible para detectar canto antes a persoas contaxiadas e illalas
Programa de Cribado poboacional de SARS- CoV-2 en persoas asintomáticas. Farmacias que participan en Salvaterra de Miño:
. Farmacia Cándido Teijeiro Vega, Rúa Miño nº 28 – Salvaterra de Miño 986 658 035
. Farmacia Rosa Teijeiro Vega, Rúa Rosalía de Castro nº63 – Salvaterra de Miño 986 658 158
. Farmacia Claudia Vidal Rocha, Rúa de Portugal nº11 - Salvaterra de Miño 986658108
. Farmacia Patricia Bernárdez Expósito , San Roque nº2 – Leirado 986657672
. Farmacia Rubén Alejandro García Pérez, As Fraguiñas nº17 – Fornelos 986649668
REQUISITOS
Ter entre 40 e 64 anos
Ter tarxeta sanitaria Sergas
Ter teléfono móbil
Non ter un resultado positivo en COVID-19 nos últimos 3 meses
Non ser paciente paliativo ou inmobilizado
Non traballar ou residir nunha residencia para persoas maiores ou persoas con discapacidade
Non ser contacto de seguimento COVID-19
Non facer unha PCR nos últimos 15 días
Non ter síntomas compatibles coa infección ocasionada por COVID-19
Pasos a seguir:
? O/a farmacéutico daralle un tubo que leva un código de barras. A mostrar deberase recoller á primeira hora da mañá, antes de almorzar e de lavarse os dentes. Hai que entregala na farmacia antes das 10.30 horas.
?? O/a farmacéutico será o encargado de recoller a mostra e rexistrala no sistema, tamén lle pedirá o número do teléfono ao paciente. Logo remitirase ao laboratorio de microbioloxía de Vigo para analizala.
? Se o resultado é negativo, a persoa recibirá un SMS no móbil, pero se é positivo citaráselle para facer unha PCR nasofaríngea.
Importante:
A proba é gratuíta
As mostras analizaranse como PCR a través da técnica de « pooling».