reunion anxo gutierrezO Diario Oficial de Galicia ven de publicar a concesión da subvención aos Concellos de Salvaterra de Miño, Arbo e Crecente para a prestación de Servizos no marco da Rede Galega de atención pemperá.

A trascendencia dos cambios Sociais e a experiencia acumulada ao longo dos últimos anos que se recollen en documentos de referencia como o Libro branco de atención temperá e o informe da Axencia Europea para o desenvolvemento da Educación Especial, sinalan a conveniencia de asumir un novo concepto da citada atención basado nos dereitos dos nenos e nenas, na igualdade de oportunidades e na participación social, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servicios no seu contorno e por outra parte, implica necesariamente que a saúde, a educación e os servizos sociais se involucren e interrelaciones para ofrecerlles unha acción integral.

Nese sentido os tres concellos únense para solicitar esta subvención e así poder prestar aos seus veciños e veciñas un servizo de proximidade e de calidade, co fin de que non se teñan que desprazar fora do seu termo municipal para poder obter unha atención eficaz e de calidade. O servizo será ofertado dous días no Concello de Salvaterra de Miño e Arbo e un no de crecente, e así desta maneira organizada e colaborativa levar a cabo un servizo que de outra maneira sería imposible. Desta maneira os concellos buscan unha acción integral destinada a satisfacer os dereitos e necesidades dos nenos e nenas con trastornos no desarrollo o en risco de padecelos e das súas familias, así como a súa prevención, e deste modo tamén, dar resposta á necesidade de regular os servizos de atención temperá como unha rede integral de responsabilidade pública e de carácter universal, rexida polos principios de igualdade, coordinación, atención personalizada, integración social, interese superior do e da menor, prevención, autonomía persoal e participación, descentralización, cercanía, inerdisciplinariedade e alta califiación profeniaonal, diálogo e participación familiar e calidade.

Imagen