escudoO Concello de Salvaterra de Miño está ampliando nestes momentos a sinalización do seu patrimonio Histórico-Cultural a través da Subvención da Deputación de Pontevedra, de máis de 4.000,00€, dirixida a tal efecto e que ten como fin a promoción dos bens culturais dos Concellos, algo básico para a difusión e promoción turística e cultural do noso municipio.

Esta primeira fase de sinalización de recursos vai destinada a promoción de enclaves tan esenciais como a  Fortaleza de Salvaterra, o Castelo de Dona Urraca e Museo da Ciencia do Viño, o Parque Público A Canuda, a Ermida da Asunción, o Portalón da Inquisición e a Igrexa de San Xoán de Fornelos.

logo depu