Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

O Concello de Salvaterra de Miño repartirá entre os nenos e nenas que participan nos Campamentos de Verán e o alumnado do IES Salvaterra que se gradúa este venres 24 de xuño unha mochila e un pack anticovid, adecuado á situación actual, con mensaxes sensibilizadoras.

Unha iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través do Ministerio de Igualdade, a que debemos sumarnos todos e que ten como obxectivo previr e concienciar á poboación. Para iso repartiranse unha serie de material informativo, mochilas, mascarillas, xel...todo elo  co lema “XUNT@S SOMOS FORTES”. 

Esta acción é unha continuación da liña de traballo que ven facendo este Concello a través doutras campañas, como pode ser o concurso de slogans contra a violencia de xénero.., campañas de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero e traballar pola igualdade.

Unha campaña accesible, visual ... que ten como obxectivo que a mensaxe chegue ao maior número de persoas posible co fin de previr e concienciar para a súa erradicación. Todos e todas debemos ir da man nesta loita!!

Cremos que é necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta, un reto ao que debemos unirnos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outras a finalidade destas accións.

Xuntos somos fortes

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia