EMPEZAN AS OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO MUNICIPAL CRUZ – OURAL, NA PARROQUIA DE FORNELOS, A TRAVÉS DO PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Veñen de arrancar as obras de mellora do camiño municipal Cruz – Oural, na parroquia de Fornelos, financiadas con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2021-2022 e achega municipal con cargo ao orzamento do Concello, por un importe de máis de 52.000,00€ Con esta obra preténdese seguir mellorando a rede municipal de estradas e viais do municipio. As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación do camiño municipal que discorre entre Cruz (intersección coa estrada autonómica PO-408) e o campo de fútbol de Oural, dentro da parroquia de Fornelos.

O firme actual é de aglomerado asfáltico, encontrándose este nun estado notablemente deteriorado, coa nova pavimentación de máis de 900 m e unha superficie de máis de 4.800 m2 preténdese mellorar o servizo ofrecido nesta infraestrutura aos seus usuarios, pois trátase dun vial cunha relativamente elevada densidade de tráfico en relación as súas características.

IMG 20210823 WA0014IMG 20210823 WA0015