Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

FotoO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO E A CONFRARÍA DO VIÑO DO CONDADO DO TEA E ESPUMOSOS PRESENTAN DIVERSAS ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O OUTONO 2021

Dende a súa apertura no mes de Febreiro do ano 2019 o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, está sendo todo un referente cultural sobre a vitivinicultura e enoloxía en España.

O “Concello de Salvaterra de Miño” e a “Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos”, animados pola acollida e participación de edicións anteriores, presentan unha variada oferta de cursos relacionados co mundo do viño para o outono de 2021, un proxecto ambicioso en canto a volume e calidade de actividades programadas.

Os cursos están dirixidos tanto a afeccionados ó mundo do viño en xeral coma a todos aqueles profesionais que realizan as súas funcións en bodega, hostalaría, enoturismo ou distribución que desexen ofrecer un óptimo servizo ós clientes a través dun mellor coñecemento da cultura do viño.

Estes cursos están impartidos por Jorge Vila, un formador homologado con ampla experiencia como docente e un profundo coñecemento do mundo do viño.

As devanditas accións formativas combinan ideas teóricas con catas dinámicas prácticas, de maneira que o seu seguimento resulta sinxelo e ameno.

Así, a través destas accións formativas, sen coñecementos previos e en moi pouco tempo, conseguimos entender moito mellor o viño e aprender a aprecialo. O programa expón as principais claves para gozar do viño, aplicándoas ós viños tanto da comunidade autónoma de Galicia coma das principais rexións vitícolas europeas (España, Portugal, Francia e Italia).

CartelCursosVinos2021

Curso: “Iniciación á Cultura do Viño”

2 sesións, 3horas cada unha. 13 e 20 de outubro de 2021. (mércores)

12 viños a catar

Matrícula 50€ IVE incluído

 

Curso: “Viños de Galicia e Portugal”

2 sesións, 3horas cada unha. 8 e 15 de novembro de 2021. (luns)

*12 viños a catar

Matrícula 60€ IVE incluído

 

Curso: “Os grandes clásicos: España, Francia e Italia”

2 sesións, 3horas cada unha. 29 de novembro e 13 de decembro de 2021. (luns)

*12 viños a catar

Matrícula 60€ IVE incluído

 

Curso: WSET CUALIFICACIÓN DE NIVEL 1 EN VIÑOS

1 sesión de 8 horas. Primeiro semestre de 2022.

*9 viños a catar

Matrícula 195€ IVE incluído

 

Curso: WSET CUALIFICACIÓN DE NIVEL 2 EN VIÑOS

2 sesións de 17 horas total. Primeiro semestre de 2022.

*43 viños a catar

Matrícula 595€ IVE incluído

 

As actividades desenvolveranse de xeito presencial na Casa do Conde, edificio histórico que forma parte das instalacións do Museo da Ciencia do Viño, cumprindo coas normas seguridade e hixiene imperantes.

Os alumnos recibirán, ó remate do curso un diploma acreditativo.

As inscricións poderán facerse a través do enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou ben vía telefónica no 617.14.88.66. As prazas son limitadas.

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia