DepotermalComeza o prazo de solicitudes de participación no Programa da Deputación Provincial “Depotermal 2022”. O programa consta de dúas modalidades:

a. Programa de asistencia diaria

Consiste en pasar cinco días consecutivos (de luns a venres), en quenda de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia de Pontevedra, incluíndo os traslados en autocar, con guía acompañante dende os concellos de orixe ata ó establecemento escollido e viceversa. Os traslados en autobús só se prestarán en caso de que haxa un número mínimo de persoas por parada en cada concello, segundo se determine na oferta técnica da empresa adxudicataria. As persoas beneficiarias do programa poderán elixir indistintamente, no momento da solicitude, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados pola empresa adxudicataria, entendendo que a asignación de prazas neste establecemento estará suxeita á dispoñibilidade.

b. Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa:

Ofrece unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en cuarto doble, réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural. O paquete inclúe, ademais da estadía e a pensión completa (coas bebidas incluídas), a utilización do spa, balneario ou outras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ó día e os traslados en autobús desde os concellos de orixe ata o establecemento escollido e viceversa. A entrada no hotel será os domingos pola tarde e a saída será os venres despois do xantar. Os beneficiarios do programa poderán elixir indistintamente, no momento da solicitude, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados pola empresa adxudicataria, entendendo que a asignación de prazas estará suxeita a dispoñibilidade.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.

Tamén poden presentarse as solicitudes no Departamento de Servizos Sociais do concello, con cita previa.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de maio de 2022.