Capital do Viño do Condado do Tea
Exterior da Muralla - Vila Milenaria
  1. Noticias
  2. Axudas e Subvencións
  3. Avisos

SALVATERRA DE MIÑO SOLICITA UN NOVO OBRADOIRO DE EMPREGO “SALVATERRA EMPREGA II”

SOLICITUDE OBRADOIRO DE EMPREGO

No marco da mencionada orde, e tendo en conta que a Xunta de Galicia valora os proxectos de obradoiro de emprego que atendan as necesidades dos sectores estratéxicos e sectores emerxentes de Galicia, o Concello de Salvaterra de Miño, promove o proxecto de OBRADOIRO DE EMPREGO “SALVATERRA EMPREGA II”, cunha duración prevista de 12 meses, no que se pretende formar a 20 persoas desempregadas no ámbito FORESTAL/XARDINERÍA nas seguintes especialidades formativas:

                ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES

                ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDINS E CENTROS DE XARDINERÍA

                APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Dentro das políticas activas de emprego destacan os OBRADOIROS DE EMPREGO como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Para a realización das prácticas do ámbito forestal o Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar un convenio coa CMVMC de Pesqueiras, para continuar coa intervención no Parque forestal de Monte Castelo.

Obradoiro

Abril 2024
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5
 PlanAntifraudeConcello
Plan Forestal
InventarioMunicipal
AnaliticasAugas
MuseoDaCienciaDoVinho
Termas
InformacionTuristica
ORALNuevo
Deputacion2
SedeCatastro
PIC
EidoLocal
PIOM

EmpregoPublico
Farmacias de Guardia
XuventudeNet
RutaVino
Meteo Galicia