O Concello de Salvaterra de Miño presenta unha nova iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade, loita (como ben reza o cartel) á que debemos sumarnos tod@s e que ten como obxectivo previr, concienciar, sensibilizar á poboación e promocionar a Igualdade.

A iniciativa consta de tres accións diferentes, “Defensa Persoal”, “Que quero ser laboralmente” e “Xestión das emocións” e para participar será necesario facer inscrición previa e o prazo comeza o xoves 19 de maio.

Estas accións son unha continuación da liña de traballo que vén seguindo este Concello a través doutras campañas e accións de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero, como o concurso de slogans e campañas de prevención que levan moitas edicións xa e que este ano enmarcamos asimesmo xunto co Pacto de Estado.

Consideramos necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, un reto no que debemos estar unidos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outros, a finalidade destas accións”.

Para máis información e inscricións no teléfono 697 911 050, ou no correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

CURSOS Violencia de Xénero