SKM C250i22120213040

O Concello de Salvaterra de Miño organiza o “Campamento de Conciliación -  Nadal” coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico e facilitar á conciliación da vida laboral, familiar e persoal. 

Poderán solicitar a súa participación no “Campamento de Conciliación -  Nadal” os nenos e nenas  entre 3 e 12 anos, nados entre os anos 2019 e 2010.

O campamento de nadal desenvolverase os días 23, , 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en  horario de 9:00 horas ás 14:00 horas. Coa posibilidade de aula matinal de 7.30 a 9.00h

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 5 de decembro e rematará o día 14 de decembro, se non se esgotan prazas antes.

As solicitudes formalizaranse a través de sede electrónica ou por rexistro de entrada no Concello.

Máis información nas bases que se adxuntan.

 

iconoWORDBASES CAMPAMENTOS NADAL

 

iconoWORDMODELO SOLICITUDE

 

iconoWORDAUTORIZACIÓN