Campamentos de Conciliación, actuacións infantís, inauguración da decoración navideña na Praza do Concello, San Silvestre Monçao - Salvaterra, Concertos, cine, visita de Papá Noel, O Apalpador e a Cabalgata de Reis centran as actividades navideñas no Concello de Salvaterra de Miño
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación para estas Festa de Nadal, que se centran especialmente nos máis cativos da casa.
- O 23 de decembro arranca o CAMPAMENTO DE CONCILIACIÓN, con opción a aula matinal para todos aqueles que o necesiten.
- O Venres 16 o salón da Casa de Cultura de Salvaterra de Miño acollerá unha actuación do grupo infantil ARTIKA coa obra LARANXUS 7, a través da Deputación Provincial. E ese mesmo día ás 20.0h na Praza do Concello terá lugar a INAUGURACIÓN DA DECORACIÓN NAVIDEÑA, na que colaboran os alumn@s de Carpintería do IES Salvaterra
- O Sábado 17 de decembro SAN SILVESTRE EUROCIDADE 2022. A proba infantil terá lugar ás 20:00 en Monçao cun percorrido de dúas voltas á Praza Deu-La-Deu.
De seguido dará comezo ás 20:30 a proba senior, con saída dende Monçao (Praza Deu-La-Deu), e con chegada á Praza do Concello de Salvaterra. Para inscribirse ata o 16 de decembro, tendo ata as 19:00 horas dos días 16 e 17 para recoller o dorsal na Loja Interactiva de Turismo da Praza De-La-Deu de Monçao.
- Domingo 18 de decembro o xa tradicional CONCERTO DE NADAL DO CORO LACEDURIUM no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra
- Xoves 22 de decembro Cine Infantil con KLARA E O NADAL NA GRANXA
- Venres 23 de Decembro Festival de Nadal da A.C. PONTENOVA, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra
- Como non, o sábado 24 todos os nenos e nenas poderán falar con PAPÁ NOEL na Praza do Concello
- O luns 26 será o APALPADOR quen nos visite na Praza do Concello, a través do programa Nadal en Galego da Deputación Provincial
- Xoves 29 de decembro actuación do COLIÑO BAILONGO no salón da Casa de Cultura de Salvaterra
- Venres 30 de decembro CONCERTO DE NADAL DA BANDA DE MÚSICA DE SALVATERRA DE MIÑO, no Salón da Casa de Cultura
- A PATRULLA CANINA en cine o martes 3 de xaneiro na Casa de Cultura de Salvaterra
E pechamos a programación coa tradicional CABALGATA DE REIS, que entrará en Salvaterra de Miño a través da Ponte Internacional.